martes, 27 de enero de 2009

PRESIDENTE TOURIÑO EN FIMO


Hoxe sobre as 18:00 horas contaremos con Emilio Perez Touriño, Presidente da Xunta de Galicia, en FIMO para unha xuntanza aberta sobre dependencia.


Estades tod@s invitad@s, VEMONOS ALI!!!!!!!!!!!!!!


Un saudo!!!!!!!!

jueves, 22 de enero de 2009

É MOITO O QUE NOS XUNTA


Nestes últimos meses tiven o privilexio de participar nalgúns procedementos internos máis importantes para o PSdeG-PSOE.

Primeiro foi o 11 Congreso no que ademais de avanzar no debate ideolóxico, reeliximos a Emilio Pérez Touriño como Secretario Xeral, con incorporación na nova executiva como a de Iván Puentes, José Manuel Lage o Loli Rodríguez, apostas claras pola xuventude neste partido.

Despois tamén puiden asistir á proclamación de Touriño como candidato á Presidencia da Xunta e finalmente ao Comité onde se elixiron as acertadas listaxes coas que o PSdeG-PSOE concorrerá ás eleccións o próximo 1 de marzo, e digo, acertadas porque ademais do terceiro posto na listaxe por Coruña que ostenta Beatriz Sesyayo Doce, tamén volve a mostrarse esa aposta pola xuventude incluíndo a compañeiros e compañeiras como Loli Rodríguez, Silvia Fraga, José Manuel Lage, María Torres, Nacho Filgueiras…

E é que co seu equipo, Pérez Touriño é o mellor Presidente para construír a GALICIA DO FUTURO contando con todos e todas.

Touriño foi capaz de levar adiante o programa de cambio que necesitabamos en Galicia, xa que demostrou que para el o primeiro son os cidadáns e cidadás.

Ademais o actual presidente é a mellor aposta contra a crise, pois a seguirá afrontando de cara, buscando o benestar dos galegos e galegas, en lugar de dedicarse, como faría o Partido Popular, a usar a crise como escusa para facilitar os despedimentos e retallar os gastos sociais.

Teño o orgullo de dicir que o Goberno presidido por Pérez Touriño traballou polos seus cidadáns e cidadás, non como o PP que nunca se preocupou dos galegos e empregaban a Galicia só a favor dos intereses de Madrid.

Non quero rematar sen dicir que o modelo de presidencia na que creo non é no modelo autoritario que establecerían outros partidos, eu creo no contrato de confianza que Emilio Pérez Touriño asinou con nós fai catro anos, xa que é a única forma de cubrir as necesidades dos galegos e galegas, contando de verdade con eles.

Julián Reina Villalón.
Secretario Xeral de XSG-Ferrol

VOTO POR CORREO


Un ano máis, todos/as aqueles/as que estimedes posible non atoparvos na vosa localidade o día 1 de marzo, poderedes solicitar o "voto por correspondencia" ata o 19 de febreiro.

Para poder facelo, só tedes que acudir persoalmente (e co voso DNI) a unha oficina de correos e indicarlles que queredes exercer este dereito. Só no caso de estar impedido ou incapacitado (a través de certificado médico oficial que o acredite) pode acudir por nós unha persoa debidamente autorizada ( a través de escritura notarial ou consular; calquera destes dous procedementos son gratuítos)

Unha vez realizada a solicitude, seravos remitida toda a documentación necesaria para poder exercer o voso dereito a voto; documentación que teredes que recoller persoalmente.

Elexida a papeleta de voto, debereres introducila no seu sobre correspondente. Posteriormente, meteredes ese sobre xunto co certificado de inscripción no censo noutro sobre que se vos axuntará. Toda esa documentación será remitida por correo certificado antes de día 25 de febreiro. Este último envío non tedes que facelo necesariamente en persoa, senón que o pode realizar outra persoa por vós. É moi importante que lembredes que, no momento no que enviedes esa solicitude, non poderedes votar en persoa.

Lembrade que cada voto conta, cada voto é imprescindible. Non só pola importancia de cita electoral, senón porque un voto perdido é unha voz perdida. Animade ós vosos achegados/as a exercer este dereito e facede chegar esta información a aqueles que saibades que non poderán votar en urna.



Ánimo e a traballar!

miércoles, 14 de enero de 2009

VOTO ERASMUS


Novamente, o goberno socialista aposta por facilitar o voto ás persoas que temporalmente se atopan no exterior. Esta medida, que se puxo por primeira vez en funcionamento o pasado ano, beneficiará especialmente aos estuantes ERASMUS.Resumo do procedemento:
O primeiro que tedes que facer urxentemente é acudir ó Consulado español e inscribirvos no Rexistro de Matrícula da Oficina Consular ou, no seu caso, Sección Consular da Misión Diplomática correspondente como non residentes.
- É moi importante que vos inscribades xa, porque o prazo remata o día 31 de Xaneiro.
- Posteriormente tendes que solicitar o voto a través dese procedemento; solicitude que podedes facer ao mesmo momento de inscribirvos no rexistro. (podedes descargar a solicitude na web das Xuventudes Socialistas
- Feito isto, debedes entregar persoalmente esta solicitude na oficina consular de carreira ou sección consular da embaixada, para o que deberedes levar o DNI.
O día 3 de febreiro seravos remitida a documentación electoral; documentación que deberedes recoller persoalmente. Logo introduciredes no sobre dirixido á mesa electoral o certificado de inscrición no censo e o sobre de votación coa papeleta elixida, e o remitiredes por correo certificado entre o 3 de febreiro e o 25 de febreiro de 2009.