sábado, 22 de octubre de 2011

Xuventudes Socialistas de Ferrol insta ao goberno municipal á convocatoria da mocidade para debater as políticas mozas

No día de hoxe o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Ferrol manifestou o malestar e indignación sobre as actuacións que se están a levar cabo polo goberno de Rey Varela no que a participación dos mozos e mozas se refire. No día de onte, “o goberno do PP aprobou , pola porta de atrás, un regulamento para a Casa da Xuventude que semella que estará destinado aos mozos, pero sen contar en ningún momento da elaboración con eles.”


Bouza comezou facendo memoria e retrocedendo ao mes de agosto, no que o actual portavoz de mocidade do goberno local dicía nunha entrevista que “Hay que ser el altavoz de la gente joven en el Concello. Hay que escucharlos, porque se pueden hacer muchas cosas que nunca se han hecho con menos dinero y mejor. Para eso se necesita un cambio de rumbo y de mentalidad.” “Cinco meses despois podemos afirmar que todo era mentira e que as canles que ían a empregar non teñen nada que ver coa participación da mocidade, a cal é fundamental e, como non pode ser doutra maneira, é un dereito de todos e todas do que este goberno está tentando privarnos”, conluiu o secretario xeral.


“Como xa lle dixemos hai uns meses ao Sr. Alcalde non todo son macrobotellóns, senón que os mozos/as tamén temos outras inquedanzas, mais semella que nin iso nin a voz da mocidade lle interesa.”expuxo Bouza Manso. Lamentou o dirixente socialista que o goberno que fardou no mes de agosto que había que estar en contacto coa xente e recibir información desta, agora se agoche tralo despacho e non saia recabar a opinión dos mozos/as. Queremos pedir claridade e transparencia nas actuacións desta Concellería e que se escoite a voz dos mozos/as e mozas, tanto se esta gusta como se non gusta.” expuxo Aitor Bouza.

Así mesmo, informou de que a Casa da Xuventude actualmente fica pechada en horario tarde e preguntou ao Sr. Rey Varela “cando pretende que a mocidade empregue este espazo se permanece pechado cando a maioría dos mozos/as poderían acudir.”

“A verdade é que desta vez, o executivo cumpriu coa súa palabra, xa que cando lle preguntaron se faría cambios na Casa da Xuventude, dixo que habería que cambiala por completo. Aínda que, sendo sinceiro, non esperabamos que cando falaba de cambios, estes serían para peor e en detrimento dos mozos/as.” dixo o secretario xeral.


Ante isto, dende as Xuventudes Socialistas de Ferrol instaron ao goberno do PP a que convoque aos mozos/as para que poidan expresarse e dar a coñecer a súa opinión. Así como habilitar as canles para que o fagan, aínda que se mal non recordo aínda estamos esperando que este equipo de goberno teña a ben a convocar a primeira xuntanza do Consello da Xuventude que se formou ao fin da pasada lexislatura grazas ao traballo de participación cidadá comezado polo goberno socialista e froito do consenso de todas as organización xuvenís da cidade, agás como non de NNGG, pero non porque expresaran a súa oposición, senón pola ausencia en todas as xuntanzas.

Instaron tamén en palabras de Aitor Bouza “á reapertura en horario de tarde da casa da xuventude para que os mozos/as ferrolás poidan seguir gozando dela.”


Concluiu dirixíndose ao alcalde “Sr. Rey, menos verbas e máis feitos, as políticas de mocidade teñen que ser claras e transparentes, para o cal temos que traballar todos xuntos, escoitando e atendendo ás demandas da mocidade.”

miércoles, 19 de octubre de 2011

Xuventudes Socialistas de Ferrol súmase á campaña en defensa da educación pública

O secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Ferrol, Aitor Bouza, anunciou esta mañá que a formación porá en marcha, a campaña en defensa da educación pública impulsada dende organización a nivel Federal “Cárganse a educación, non vas a facer nada por evitalo?”.
Segundo explicou Bouza Manso “os mozos/as estamos convencidos de que en tempos de crise hai que fortalecer os piares básicos da nosa sociedade para poder saír reforzados desta. Non podemos permitir que se dea ningún paso atrás no tema educación, senón que temos que mirar cara o futuro e seguir progresando para lograr finalmente unha sociedade máis xusta, con menos probreza, menos exclusión e máis igualdade.”
O secretario xeral asegurou que “con estas accións Feijoo demostra que para el e os dirixentes do seu partido a educación non é un dereito, senón un privilexio ao que só poden acceder quenes teñen un alto poder adquisitivo, restrinxíndo así a liberdade e o dereito de todos os galegos/as a acceder a un ensino de calidade”.
Alertou o dirixente socialista, aos mozos e mozas de que “cada euro que se retalla en educación é un euro menos que se invirte no noso futuro”. Temos que loitar contra estes ataques do goberno de Núñez Feijoo con todas as nosas forzas e seguir defendendo unha educación pública, de calidade e para todos e todas, sen discriminacións. Concluiu, lembrándolle ao presidente da Xunta que “un profesor menos supón un fracasado escolar máis.”
Por todo isto, a Agrupación desprazarase este sábado a partir das 12 horas, á Praza de Armas, onde repartirán información á cidadanía sobre o tema. De aí iniciarán un itinerario polas rúas do centro para culminar á noite coa pegada de carteis. Así mesmo, dende o comezo desta semana, a Organización xa presentou e difundiu esta campaña nas redes sociais con todo o seu material.
A campaña inclúe o reparto de octavillas informativas, pegatinas e carteis, así como a posta en marcha dunha páxina web www.secarganlaeducacion.org , na que a cidadanía poderá atopar toda a información precisa con respecto aos recortes e ataques á educación pública, os vídeos da campaña, unha zona de descarga de arquivos e enlaces de interese e un manifesto onde poderán adherirse de maneira individual aquelas persoas que se sintan identificadas na defensa da educación pública.
Para finalizar, Bouza animou a todos os mozos/as ferrolás a sumarse á marea verde que se celebrará o vindeiro día 22 en Madrid para que fique ben claro que “a educación non é un gasto, senón unha inversión”