martes, 3 de diciembre de 2013

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DENUNCIAN AS CARTAS DO ALCALDE

É incríble que coas necesidades que ten a nosa cidade o alcalde mande 30.000 cartas a cargo da administración” 

As Xuventudes Socialistas de Ferrol queren mostrar a súa indignación ante as 30.000 cartas que o alcalde da cidade mandou aos cidadáns co fin de que participaran nas mobilizacións do naval.

“O que necesitamos é un alcalde que lle plante cara aos seús compañeiros de partido en Madrid e Santiago, que condean o naval coa súa indiferencia” declarou a Secretaria Xeral, Ana Lamas. Apuntan ademáis que “a cidadanía de Ferrol demostrou sempre que non necesita una carta do alcalde para defender o seu futuro” .

As Xuventudes Socialistas opinan que foi un paripé máis, como o foi a “caravana do PP” que viaxou a Madrid: “Para nós é claramente un acto populista, unha maneira de salvar as posadeiras o alcalde, ante a xestión vergoñenta da crise do naval por parte do partido popular”. 

Os mozos socialistas esixen que o concello de contas do custo das cartas e sinalan que os cartos poden destinarse a mellores fins dadas as necesidades dos ferroláns e ferrolanas . Opinan que se o alcalde quere facer propaganda do seu partido que o pague do seu peto,xa que é moi mala idea confundir partido con concello.

No hay comentarios: