martes, 29 de enero de 2013

XSG-Ferrol: "A supresión das bolsas Séneca supón outra 'volta de torca' de Wert aos estudantes"


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) criticaron duramente a supresión das bolsas Séneca por parte de Wert e o seu ministerio dado que afectará a máis de 2.000 estudantes universitarios que as viñan recibindo e suporá o fin do programa de mobilidade SICUE no noso país.

O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que "a supresión das bolsas Séneca é outra mostra máis da falta de compromiso do Goberno co ensino e supón outra "volta de torca" de Wert aos estudantes que non poden seguir soportando retallo tras retallo, o custo da crise."

Bouza lembrou que "este goberno é o que máis dano fixo á Universidade Pública, xa que subiron as taxas, retallaron as bolsas, tiraron por terra inversións en investigación e agora, suprime as bolsas Séneca, e todo elo, en apenas un ano."

Os mozos/as socialistas engadiron que "mentres a algúns éncheselles a boca falando de España cando a están destrozando a golpende retallos, outros preferimos defender programas de bolsas como as Séneca que supón un gran logro na mobilidade estudantil e na cohesión territorial do noso país."

Dende a Organización concluíron que "o programa de bolsas Séneca supuña unha aposta pola mobilidade universitaria, xa que o 85% desta se realizaba por medio de bolsas, o que supón un ataque á igualdade de oportunidades entre os estudantes"

viernes, 25 de enero de 2013

As XSG-Ferrol chaman á mocidade a mobilizarse este domingo a prol do galego


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) sumáronse hoxe á mobilización convocada para este domingo día 27 en Santiago de Compostela pola Plataforma “Queremos galego” para esixir ao Partido Popular que remate coas súas iniciativas contra o galego e facilite a convivencia en Galicia.

O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza expuxo que “o decretazo contra o galego conlevou a que o 96% da docencia do ensino infantil das cidades sexa exclusivamente en castelán pola aplicación dunha norma que rachou co consenso despois de tantos anos. Esta norma – continuou o secretario xeral- foi aprobada cun fin unicamente electoralista, xa que creou un problema que non existía en Galicia e máis cando a inmensa parte da cidadanía e especialmente o entorno educativo opuxéronse taxantemente.
Segundo expuxo Bouza, en Ferrol “asistimos abraiados ao ninguneo do Consello Sectorial da Lingua (CSL), amordazando a opinión da sociedade ferrolá ante reiterada negativa dende xa hai máis dun ano a convocar este Órgano que segundo o estipulado tense que reunirse trimestralmente.”
Os mozos/as socialistas aproveitaron para esixir a Rey Varela a convocatoria inmediata do Consello Sectorial da Lingua de Ferrol, co fin de que os axentes sociais da nosa cidade poidan expor a súa opinión sobre os temas para os que foi constituído.
As Xuventudes Socialistas locais salientaron que “dende que este alcalde chegou ao Executivo non fixo máis que rachar cos órganos de participación que tiña a cidadanía da nosa cidade, comezando por pechar os dous Padroado que existían, seguindo por non convocar estes Órganos Consultivos de participación, como son a maiores do da Lingua o de Medio Ambiente e o da Muller; e finalizando por non consituír o Consello da Xuventude de Ferrol, un reclamo que uniu a todas as organizacións mozas da nosa cidade.”
Dende a organización xuvenil expuxeron que “a estratexia do PP é a de recorrer a sentenza contraria ao decretazo contra o galego porque o único que pretenden é manter vixentes o máximo tempo posible aspectos que o propio TSXG considerou que van contra o dereito fundamental ao ensino recollido na nosa Constitución, como pode ser a famosa consulta aos pais e nais no ensino infantil”.
Finalmente o secretario xeral local chamou á participación de toda a cidadanía, en xeral e da mocidade en particular, para participar na manifestación do vindeiro domingo día 27 para “reclamar á Xunta de Galicia que exerza as súas funcións traballando polo camiño do consenso da normalización do noso idioma e non da confrontación como leva facendo todo este tempo.” Lembrou, así mesmo, que sairán buses dende toda a comarca que poden ser consultados na web da Plataforma “Queremos Galego” (www.queremosgalego.org).

miércoles, 23 de enero de 2013

As XSG-Ferrol piden a retirada inmediata da Lei Wert por atentar contra a equidade educativa

As Xuventudes Socialista de Ferrol (XSG-Ferrol) sumáronse hoxe á campaña da Organizción a nivel federal #FueraLeyWert para pedir a retirada da LOMCE, xa que consideran que segregar aos estudantes nas aulas mediante reválidas que presenta a reforma é inmoral e racha por completo a equidade no ensino.

As XSG-Ferrol consideran que a Lei Wert supón unha completa involución, unha contrarreforma que nos devolve ao pasado ao imprantar as reválidas, outorgar maior peso á materia de relixión católica e suprimir Educación para a Cidadanía.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, lembrou que “Wert trata de aprobar a súa Lei sen ningún diálogo coa comunidade educativa en contra, e prefiriu negociar antes o seu proxecto coa Conferencia Episcopal que cos pais/nais, estudantes e profesorado”.
A actitude do ministro – sinalaou Bouza- non é nova no Partido Popular: No 2010, o goberno socialista, con Ángel Gabilondo como ministro de Educación, logrou un principio de acordo polo pacto educativo que foi rachada polo PP por intereses electoralistas, o que demostra que para a dereita, neste país, o ensino non interesa máis que para gañar votos e tratar de impor ao conxunto da cidadanía os valores que lles manda a Conferencia Espiscopal”.
Dende a organización afirmaron que “os mozos/as socialistas consideramos ademais que a Lei Wert e os retallos en educación realizados polo Goberno rachan por completo o principio de igualdade de oportunidades que debe imperar no ensino público e supón desmontar dun plumazo décadas de consolidación do ensino público como principal instrumento de cohesión social”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol concluíu que “os socialistas cremos nun ensino integrador capaz de forma cidadáns e cidadás iguais, polo que nos opoñemos rotundamente a unha reforma educativa que só pescuda que os alumnos/as superen reválidas.”

miércoles, 16 de enero de 2013

As XSG-Ferrol lamentan o exercizo de hipocresía realizado por Novas Xeracións do PP polas protestas contra o ministro Wert

As Xuventudes Socialistas de Ferrol lamentaron hoxe a actitude hipócrita das Novas Xeracións e as declaracións da súa presidenta, nas que acusa á nosa Organización de promover coaccións para que a conferencia do ministro de educación nun hotel Sevillano non se chegara a realizar.
Para as Xuventudes Socialistas de Ferrol, “resulta lamentable que Novas Xeracións aproveiten a suspensión da conferencia do ministro para arremeter contra ás Xuventudes Socialistas, cando os seus membros participaron dunha protesta pacífica sen chegar a acceder ao recinto da conferencia”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “resulta paradoxal e profundamente hipócrita que Novas Xeracións diga que son fascistas quen acala ao ministro e as mesmas Novas Xeracións garden silencio cando o ministro afirme publicamente que faría cambios legais sobre a segregación de alumnos/as por sexo para non cumprir unha sentenza do Tribunal Supremo”.
Resulta completamente deleznable que Novas Xeracións, que estes días non pasa polo seu mellor momento de imaxe pública, sobre todo no que se a seguridade vial se refire, dedique o seu tempo a tildar de fascistas aos demais, e garde un escrupuloso silencio cando o ministro realiza todas e cada unha das bravuconadas que lle levaron a ser reprobado por todo o arco parlamentario, agás PP e UPyD”.
Bouza engadiu que “resulta aínda máis paradoxal que Novas Xeracións diga que o PSOE non ten futuro, que Novas Xeracións permítase falar do que custaron as liberdades neste país, pero á vez que Novas Xeracións lembre a Manuel Fraga no cabodano da súa morte, cando Fraga nin é futuro nin ten moita relación con ter conseguido liberdades públicas para ninguén”.
Dende a Organización concluíron que “este ataque da presidenta de Novas Xeracións roza o patolóxico, polo que instamos a visitar os servizos médicas da Junta de Andalucía, que funcionan perfectamente, non como os de Castilla-La Mancha, aínda que este feito parece non preocuparlles o máis mínimo”.

jueves, 10 de enero de 2013

As XSG-Ferrol acusan á patronal de atentar contra a dignidade dos mozos/as


As Xuventudes Socialistas de Ferrol pronunciáronse hoxe sobre a proposta da CEOE de regular un novo contrato só para mozos/as co SMI como base salarial.
Para os mozos/as socialistas, a proposta da patronal “é unha inmoralidade que pretende agochar unha rebaixa nos custos salariais na escusa do desemprego xuvenil, é dicir, pretende aproveitarse dun segmento moi vulnerable da poboación para que as empresas aforren custos”.
Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol remarcou que “unha proposta así non ten cabida no noso país, pois suporía excluír da negociación colectiva a unha serie de traballadores/as polo mero feito de ser mozos/as, como se non debesen ter os mesmos dereitos que o resto dos traballadores/as, é dicir, estamos ante unha proposta aberrante, un insulto á intelixencia dos e das mozos/as deste país”.
Para os mozos/as socialistas “a patronal debería aparcar as súas ansias de beneficios e máis beneficios e porse a traballar un pouco, aínda que só sexa un pouco, cos demais axentes sociais por sacar este país da crise”.
Dende a Organización pediron á CEOE que “para sucesivas ocasións, pensen as propostas en termos de dignidade da cidadanía”.