sábado, 21 de febrero de 2015

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE FERROL LOITAN CONTRA A REFORMA DO ARTIGO 13.4 DA LEI DA INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBARAZO BAIXO O LEMA “QUE NON NOS TOQUEN A LEI”



Os mozos e mozas socialistas saíron á rúa na mañá de hoxe co fin de dar a coñecer en qué consiste a reforma do artigo 13.4 da leu de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. Repartiron dípticos informativos e preservativos a mozos e mozas ferroláns.

As Xuventudes Socialistas denuncian a manipulación informativa do PP, que escúdase en que está evitando que menores interrompen o seu embarazo sen coñecemento paterno, sen explicar que este caso é só unha excepción cando mozas menores de idade teñen algún conflito grave, coma violencia familiar: “O Partido Popular fai un alegado demagóxico en defensa da vida e está deixando sen protección precisamente as menores que máis a necesitan”.
Recordan que “a Lei, impulsada por un goberno socialista, di que as mulleres mozas deben informar aos seus pais ou titores coa excepcionalidade de que haxa un conflito grave no ámbito familiar”, e lembra que “o 90% das mozas que toman esta decisión fano co coñecemento dos seus proxenitores”.
“Dende as XSG de Ferrol queremos facer unha defensa desta lei impulsada polo goberno socialista, que non só protexía as mulleres máis vulnerables senón que fai principal fincapé na importancia da educación sexual” puntualizou a secretaria xeral de Ferrol, Ana Lamas, que engadiu “O Partido Popular non tivo valor de facer a reforma na que de verdade cree e agora con este cambio quere contentar aos sectores máis retrógrados con fins electoralistas, e o fai a costa de mozas con conflitos graves ou en situación de desamparo”.
“As mulleres mozas non son nin terroristas nin incultas como quere facer ver o Goberno do Partido Popular; son mulleres libres, e como tal deben ter dereito a decidir sobre o seu corpo” –reiteran os mozos e mozas socialistas- “A Lei recoñece o dereito á maternidade libremente decidida, o que implica non só recoñecer ás mulleres a capacidade de decisión sobre o seu embarazo, senón tamén que esa decisión, consciente e responsable sexa respetada”.


No hay comentarios: